Alberte (antroponimia)

Véxase tamén: Javier Albertos.

Alberte,[1] e as súas variantes Alberto, Adalberto, Adelberto, Albertos, Aubeto, Edelberto e Oberto,[2][3] é un nome propio galego de home, procede do xermánico Alberth: al (moi) e berth (ilustre), que á súa vez derivou no galego: Adalberto (que brilla pola súa nobreza) e que despois se simplificaría a Alberte. As formas femininas son Alberta e Albertina. Hipocorísticos: Berto, Beto (comúns a Roberto, Norberto…).

  1. Ferro Ruibal, (dir.); Boullón, Ferro, García, Lema e Tato (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. pp. 108–109. ISBN 84-7680-096-7. Alberte / Alberta   Variante: Albertos ("y no Alberto", di Sarmiento) […] 
  2. Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos. Asociación Cultura Fillos de Galicia. Setembro de 2012. p. 13. Alberte   Vars.: Alberto, Adalberto, Adelberto, Albertos. Or.: Xermánica (saxona): enteiramente brillante. Rel.: Berto 
  3. Feixó Cid, X. (outubro de 2003). Dicionario Galego dos Nomes (en galego). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 22. ISBN 84-9782-052-5. Alberta, Albertina / Alberte   […] Var.: Albertos, Aubeto, Edelberto, Oberto […] 

Developed by StudentB